domingo, 18 de abril de 2010

O número que enche todo Vigo de intriga…


Nesta imaxe aparece o número que hai por todas as paredes de Vigo, o 26945.
Apareceu polo nadal de 2009, ou a principios do ano 2010... non é moi segura a fecha de aparición. Do que sí se está seguro é de que estos números foron pintados por máis dunha persoa, xa que se nota o cambio de letra en cada pintada. En algunhas nótase que as pintó con coidado, pero en outras parece que mandou ao seu sobriño de 5 anos a pintar o numeriño, ou incluso que tiña outro número na cabeza cando o pintaba.
A xente está como tola con ese numeriño que acosa Vigo, e tamén a Pontevedra, Coruña, e algunhas outras cidades. Pero a pregunta é: que significa? Porque o puxeron? Podemos descartar que o número refírese á data 26/09/1945, xa que nalgunhas pintadas, como a da imaxe, aparece o número con un punto entre o seis e o nove, polo que deducimos que é unha cifra: vinteseis mil novecentos carenta e cinco. O máis curioso é que hai unha páxina web, tamén pintada nalgunhas paredes das cidades,
http://www.26945.org/. Cando entrabas nesa páxina, encontrabas unha fecha, 15/04/2010.
Había teorías de que ese número significaba que o 15 de abril de este ano vendrían os nazis a Galiza, porque 2+6=8; 9+4+5=18; 818=H&H - Heinz Hitler. Iso é marear a perdiz, pero son soamente teorías... Tamén estaba a teoría de que ETA ou outro grupo terrorista calquera iba a poñer unha bomba ou algo parecido. Incluso, existía a teoría de que o 15/04/2010 é o fin do mundo... pero creo que si o mundo fora a acabarse, a ciencia xa encontraría algo, como un meteorito.
E eu, que creo que todas esas teorías son absurdas, pensaba que isto do 26945 é algo parecido ao que pasou en Italia, que o creador de [i]A-Style[/i] colocou pegatinas co logotipo desta marca de roupa por todo o país, que é unha especie de A que recorda a unha parella nunha postura sexual:Esta teoría era a que máis acertada me parecía: a xente que pintou o numeriño polas cidades quería facer publicidade dalgunha cousa, como un pub ou algo semellante que se abriría o 15 de abril.
Pero, ao parecer, a miña teoría como as demáis, foi errónea: o 15 de abril xa pasou, e xa aparece na páxina o que significa 26945. Cando entras, aparece:
"Galiza perde 26945 falantes de galego cada ano: Hoje o nosso País perde falantes. 26945 falantes de galego menos cada ano. Nos últimos meses vimos espalhando este número polas rúas do País. Desde hoje começamos umha campanha pedagógica para que todos os galegos e galegas saibam que a nossa língua está a ser sustituida polo castelhano a um ritmo de 26945 falantes por ano."
Esa é a introducción do texto que aparece no blog, e ao final, non foi o que ninguén dixo. É unha campaña galeguista para poder reavivar o galego que se está perdiendo por culpa de moita xente, residente en Galiza, que fala castelán porque o prefire antes que o galego, deixando morrer a lingua natal da nosa Galiza.
Aunque Vigo, Pontevedra e outras cidades quedaran un pouco "porcas" polas pintadas, é por unha boa causa, e unha causa moi importante para Galiza e os seus habitantes. Eu son arxentina, pero aunque me coste falar galego (que xa aviso que si teño algunhas faltas nestra entrada, síntoo moito), o vou facer, para axudar a Galiza e á súa lingua. ¡Moi ben, creadores do 26945! ¡Moi ben!

2 comentarios:

  1. Martuu, soy Moo.
    Me hago seguidora!
    Un besiño :)

    ResponderEliminar
  2. ola yo tambien vi ese numero en vigo(soy gallega) y me llamó la atencion,me alegro de que lo hayas descubieerto.por cierto puedes pasarte por mi blog y darme tu opinion?
    es:
    libroadicion.blogspot.com
    gracias

    ResponderEliminar