sábado, 6 de noviembre de 2010

Bring it back, bring it back.

- Ti cres que se dá de conta...?
- Non é dos que se deixan enganar polas apariencias. Ve por baixo da superficie. Sabes? [...] Non hai moitos que distingan entre o que parecen as cousas e o que son.
- Ben sei. Eu parezo un Cocoliso, un monstro pelado, pero no fondo síntome unha rapaza coma as outras. Quero que Miguel me bique, pero non na meixela, senón enguedellando a súa lingua na miña. Que me morda coma se fose un vampiro... que... ¿patético, non, isto de querer pillar o ceo cos pés?
- Ves? Niso non estou de acordo coa túa avoa -di Poch moi serio-. Só intentando pillar o ceo cos pés chegas algunha vez a coller uns farrapiños de nube coas mans.
Pola noite soño con Miguel. Eu teño o gorro quitado e el vaime acariciando a cabeza moi amodo, faime coma cóxegas que se transforman nun calafrío que me sobe por todo o corpo. Logo as súas mans van baixando polos ombros e por debaixo do xersei ata chegar aos peitos. Non sei que pasa despois porque acordo. Estou toda mollada. O soño liscou e Miguel non está aquí. Hai que ver como magoa isto os xeonllos e todo o demais.

"A banda sen futuro", Marilar Aleixandre.



'cause falling in love
is so hard on the knees

Aerosmith.

No hay comentarios.:

Publicar un comentario